TROMSØ
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA_ Rafa R. Martínez
DIRECCIÓN COREOGRÁFICA E DE MOVEMENTO_ Esther Latorre
INTÉRPRETES_ Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
AXUDANTE DE DIRECCIÓN_ Clara Martín
MÚSICA EN DIRECTO_ Julia Ammerman, Lucía Iglesias
ESPAZO ESCÉNICO_ MORRAOCONTO, José Faro «Coti»
DESEÑO DE VESTIARIO_ Rafa R. Martínez, Ana Gesto
DESEÑO DE ILUMINACIÓN_ José Faro «Coti»
VOZ EN OFF_ Lidia Veiga
MÁSCARAS Rafa Rey Domech
ANIMACIÓNS, DESEÑO E IMAXE GRÁFICA_ Rafa R. Martínez
CÁMARA E CORRECIÓN DE COR_ Román Sanín
DURACIÓN_ 80 min
ANO_ 2025
PRODUCE_ MORRAOCONTO, Xunta de Galicia
COLABORA_ Concello de Ames, Concello de Santiago, Concello de Vimianzo, Concello de Arzúa, Deputación da Coruña, CEMMA Cetáceos
AGRADECEMENTOS_ Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Roberto Salgueiro, Ana Gesto, Manu Lago, Paula Quintas, Edu Iglesias, Pilar Martínez, Sheyla Fariña, Mani
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS_
-7 nomeamentos nos XXX Premios María Casares: Mellor Vestiario, Mellor Espazo Sonoro, Mellor Iluminación, Mellor Espazo Escénico, Mellor Dirección de Movemento, Mellor Dirección, Mellor Espectáculo
-2 Premios María Casares: Mellor Espazo Escénico, Mellor Ilumnación
SINOPSE
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.
Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
TROMSØ é un proxecto multidisciplinar que hibrida teatro, danza, proxeccións, máscaras e música en directo.
Outra maneira de facer e de entender o teatro: beleza da música en directo, beleza dos deseños gráficos e animados e de todo o coidado visual, beleza do movemento, beleza dos diálogos... e toda esa beleza inzada dun humor case absurdo, dunha simpatía limpa, e tamén inzada dunha emoción contida.
Pero todo isto non xermola desde a interpretación dalgo externo ou desde a documentación. Este espectáculo non é a investigación e a interpretación deses temas. Pode sentirse que é a decantación dalgo que se foi cocendo a lume lento, algo que estaba aí e que agora sae como un volcán en erupción.
Hai verdade e unha estética teatral anovada, sen poses. Unha marabilla!
MORRAOCONTO fai unha reflexión sobre a perda dende un lugar poético pero, ao mesmo tempo, moi cómico. Cun sentido do humor moi particular; e é xusto nesa mestura onde aparece unha voz propia, orixinal e novedosa.
TROMSØ é unha peza luminosa que palpita ao redor da primeira perda cunha estética naif, e que aborda temas como a tristeza dende un punto de vista diferente.
Un espectáculo moi tenro con todas as capas moi ben armadas, e cun imaxinario no que é moi doado mergullarse e situarte a ti tamén nese lugar, facendo que sexamos máis empáticos, como as candorcas.
TROMSØ, de Rafa R. Martínez
O volume contén as pezas O silencio, de Elena Santiago, texto gañador do Premi Born en 2024, na tradución ao galego de Afonso Becerra, e Tromsø, de Rafa R. Martínez, posta en escena pola compañía Morraoconto. É un volume dobre, con dobre portada, seguindo o deseño da colección de dramaturxia da erregueté.
MERCAR
Proxecto divulgativo creado xunto a CEMMA Cetáceos para a divulgación e a concienciación sobre a contaminación e o risco de extinción da Candorca Ibérica.