SOBRE NÓS

Rafa R. Martínez

Rafa R. Martínez

Deseñador Gráfico / Dramaturgo

Ourense, 1989.
Fórmase na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde. A súa primeira peza, TROMSØ, marca o inicio da súa traxectoria na escrita e na dirección. Texto publicado pola Erregueté na súa colección de dramaturxia.
Como deseñador gráfico traballa para universidades e institucións culturais, así como para creadoras do ámbito artístico.
Como fotógrafo e videógrafo colabora con compañías de danza e teatro, festivais e proxectos culturais, desenvolvendo traballos de documentación escénica e creación audiovisual. Traballos expostos en Sons improbabeis (Auditorio de Galicia, 2022) e Residencias Paraíso (CDG Salón Teatro, 2023).
Actualmente codirixe a compañía morraoconto, asumindo a dirección creativa, a fotografía, videografía e o deseño gráfico e web.

Lara Pouso

Lara Pouso

Actriz

Santiago de Compostela, 1997.
Fórmase na aula de teatro da USC baixo a dirección de Roberto Salgueiro, participando nas montaxes: Cinzas (2015), Cousas que trouxo a chuvia (2016), Pasar por Nida (2017) e A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour (2018).Participa en «Cabaré Salomé» de GN Teatro. Espectáculo gañador do primeiro premio Xuventude Crea 2016.
En 2018 protagoniza a curtametraxe Peixes Voadores, de Paco Torregrosa.
En 2023 aparece na película Os Amantes de Abrente, da TVG.
En 2024 participa no spot da Lotería de Nadal.
Actualmente compaxina a codirección de morraoconto con traballos para outras compañías, como Títeres Cachirulo ou Nauta Teatro.

Miguel Gendre

Miguel Gendre

Actor / Bailarín

Santiago de Compostela, 1988.
Fórmase en folclore en Cantigas e Agarimos e nas aulas de teatro e danza da USC con Roberto Salgueiro e Amparo Novas, ademáis de en intensivos con profesionais como Sharon Fridman, Lucas Condró, Paula Quintas, Esther Latorre, La Macana, Iker Gómez, Lali Ayguadé, Vero Cendoya, Lisard Tranis, Joel Beddows, Vicente Fuentes ou Ana Vallés.
No eido audiovisual protagoniza dúas curtametraxes, baixo a dirección de Ghaleb Jaber e Jorge Guimerá, e colabora en videoclips de Tanxugueiras, Davide Salvado, A Banda da Loba, Som do Galpón ou Gaëlo.
Traballa para festivais coma Corpo(a)Terra, USCénica, SoloDos en Danza, Herdanza, Cara unha Escena Plural ou Camiño Escena Norte nos apartados de produción, mediación e fotografía.
En 2024 forma parte do elenco dos «Actos e as Profecías» do Centro Dramático Galego, e foi seleccionado co proxecto «Vesperi Lux» para as residencias artísticas Atopémonos Bailando 2024.